jueves, 9 de febrero de 2012

214. De Marbella a Torremolinos.

Parece que los gallegos están de “cierre” de sus instituciones. Ojala no sea simplemente por “liquidación”, sino por un proceso de mayor calado que desestime estructuras ya caducas a favor de otras alternativas a la hospitalización de corte comunitario e integrador. Pero parecería que han elegido un mal momento para hacerlo, con la que está cayendo a cuenta de la crisis. Una tentación muy grande para cerrar equipamientos con el ahorro subsiguiente, sin aprovisionar suficientemente de recursos alternativos que salgan al paso de las necesidades de los pacientes y sus familias. Esperemos que no sea así.

Hace un par de entradas, David Simón compartía con nosotros el cierre de Toén en Orense. Hoy damos noticia de una exposición de fotos que está teniendo lugar con ocasión del proyectado cierre del Hospital Psiquiátrico San Rafael de Castro Riberias de Lea, en Castro de Rei (Lugo) inaugurado en 1953 y construido siguiendo el modelo panóptico de Bentham. (Sala de Exposiciones del Pazo de San Marcos, sede de la Diputación de Lugo, del 28 de diciembre de 2011 a 29 de febrero de 2012).

La muestra, titulada “De Marbella a Torremolinos”, en referencia al poco conveniente apodo con que se conocen demasiado cínicamente el pabellón de mujeres y de hombres, donde parecería permanecen indolentes simplemente disfrutando del sol, es el resultado del cuidadoso trabajo de Xosé Reigosa, quien hoy también quiere compartirlo desinteresadamente con los seguidores de Psiquifotos.

Reigosa, fotógrafo de vocación tardía según él mismo reconoce, tiene ya una larga y dilatada carrera en el mundo de la imagen, pudiendo disfrutar de su obra y conocerle algo mejor a través de su web personal o página de facebook.

Las imágenes que siguen a continuación, tomadas en 2011 en un proyecto de iniciativa personal, las he tomado con su amable permiso de su propio blog. El texto intercalado lo copio de la página web del Museo Provincial de Lugo, organizador de la exposición en la sala de exposiciones del Pazo de san Marcos. Está en gallego, pero gracias al traductor de google esperemos que no haya mayores dificultades para entenderlo.


DESMONTANDO A BENTHAM

Agora, 26 anos despois do inicio oficial da desinstitucionalización psiquiátrica, o fotógrafo Xosé Reigosa inicia o proxecto de desmontar a Bentham no Hospital Psiquiátrico de San Rafael de Castro. Darlle luz á tolemia á traves da arte, humanizar aos esquecidos, empregar os espazos para a expresión e non para a represión. Desmontar a Bentham non é coller cela por cela, como cubos de tetris, e colocalas fisicamente noutro lugar. É deixar de agochar ao tolo, recuperalo para con nós, incluso animalo a conducir (de novo). Os internos de Castro xa o sabían. Tamén o sabían os coidadores de San Rafael e os veciños de Castro, eran os seus tolos, “os tolos de Castro”. Fuxían do panóptico, estrada abaixo, con permiso ou sen el, retaban a un axuste de contas a Bentham con cada un dos seus achegamentos á vila. Imaxe clásica chairega, a de pasar no coche e velos pola estrada, saudando, marcando o camiño de onde realmente quixeron estar: onde a xente, encarando a estigmatización e a marca a ferro das celas marxinadoras. Á volta, só os coidadores os atendían no seu retorno ao esquecemento, ao único lugar onde moitos internos tiñan repouso. Esa relación entre internos, coidadores e a vila foi a aplicación do proceso de desinstitucionalización psiquiátrica, feito informal e popular, comunitario e ate integrador nalgún momento. Castro e a súa xente chegou a comprender e incluir a estas persoas mellor que calquera psiquiatra lobotomizador doutro tempo, mellor que as familias que alí os deixaban esquecidos e estigmatizados, trocándoos por un incómodo silencio.









Baixo o título “Entre Marbella e Torremolinos. [Imaxes de Manicomio]” Xosé Reigosa mostra ao detalle a simboloxía da deseperación, do esquecemento e do afastamento. Entre a salas de descanso, denominadas aceda e cínicamente “Marbella” a das mulleres e “Torremolinos” a dos homes, os internos pasean perdidos no labirinto da mente humana e perdidos no labirinto do panóptico de Castro. Como Teseo, viaxan polos corredores e as estancias franqueados polas interminables pasaxes garabateadas nas paredes, mostra da desesperanza. As fiestras poderían ser os ollos ao exterior, se non fose que o lousado do edificio tapa o ceo; pecha paxaros e pantasmas, deixándoos sen saída. A viaxe continúa entre aposentos húmidos e minúsculos nos que, dalgún xeito, se tenta ao descanso entre os restos da vida anterior fóra do labirinto/panóptico. Na sala de xogos un mural escenifica unha praia sen atinar no obxectivo do desafogo. É máis, afianza o desalento mostrado por un boneco vestido de lá, que vencido e sentado repousa no alféizar coa cabeza agachada de costas a luz. Nesta odisea, os internos van na procura da corda de Ariadna, que lles indique o camiño á liberdade, sair de si mesmos e do panóptico; desfacer o camiño andado no maldito labirinto. Deixar o medo pechado para sempre, deixalo portas adentro dos muros do panóptico e guindar a chave ao Lea.







No 1885 publícase o “Real Decreto para la Observación e Internamiento de Dementes”; nel establécese que os concellos e as deputacións deberán habilitar espazos para a atención e observación de enfermos mentais antes do seu recluimento manicomial (pasando a ser reclusos). No mes de xullo, a mitra compostelán e un par de socios acaudalados abren o Manicomio de Conxo. Décadas despois, tras negociación das deputacións galegas, a Conxo vaise derivar o internamento de case todos os enfermos mentais de Galicia, nunhas condicións ínfimas (taxas de mortandade do 38 %). Este escuro período vén marcado tamén polas contínuas denuncias da situación dos grandes especialistas galegos da época. Encargados da institución como Lois Asorey ou Ramón Rodríguez Somoza, entre outros, que procuran a mellora, humanización e reforma da asistencia ás persoas enfermas alí recluidas; cun enfrontamento contínuo co patronato propietario do xa denominado Sanatorio de Conxo (a Igrexa). En Lugo, a beneficiencia provincial confinaría algúns dos seus pacientes o sanatorio do doutor Ricardo Núñez, en Vilapedre (Sarria), dende o 1910 ao 1951, doutor cunha visión oposta á dos donos de Conxo basada na inclusión social dos enfermos.




Castro proxéctase despois da Guerra Civil, no 1943 e faise real no 1954. Xestionado pola Beneficencia da Deputación Provincial de Lugo, é o segundo grande centro de reclusión para enfermos mentais en Galicia. Logo dos intentos dos doutores progresistas republicanos, dende o triunfo do Alzamiento Nacional, o panóptico como idea, outra vez, manda. A frase sempre é a mesma “Ti non es ben, vas ir parar a (Castro-Conxo-Rebullón dende 1975 en Vigo)” de novo esclusión, vixilancia e agocho. Polas terras de Sarria dicían do doutor Ricardo Núñez, “non sei quen está máis tolo, se Don Ricardo ou o tolo que conduce o coche” cando pasaba diante os veciños con un dos seus pacientes manexando o vehículo xa que el non sabía conducir.





En 1985 apróbase o “Informe de la Comisión Ministerial para la Reforma Psiquiátrica”. Supón a o inicio da regulación da desinstitucionalización psiquiátrica; o abandoo dos manicomios. Procúrase iniciar un proceso de reforma para reintegrar a estas persoas e o tratamento das súas doenzas na sociedade e non nun edificio illado, agochado e vixiado. Ponse o primeiro grao para rematar unha viaxe de 100 anos pola tolemia, por antebrazos con nº de serie tatuados, de morte, frío e medo. Unha viaxe na que só un conxunto de especialistas nos anos 1920/30 (serían condeados logo ao autoexilio pola Dictadura de Franco) tentarían desmontar o panóptico de Bentham; desmontalo como idea e concepto: rexeitar o medo como fundamento. No 1985 retomamos a viaxe daqueles doutores republicanos e a de Ricardo Núñez. No sanatorio de Vilapedre, o artista sarriao Rubén Santiago situou a instalación “8888 octillones” no ano 1999, o que serviu de despedida social ao antigo sanatorio do Dr. Ricardo Núñez, antes de reconstruirse en hotel. As esculturas eran monstros, probablemente os monstros que con agarimo o doutor tentaba estirpar dos seus pacientes;. foi o inicio de 26 anos cun mesmo cometido: desmontar a Bentham.


Dende a Rede Museística Provincial convidámolos a participar neste proceso a través da mostra do traballo fotográfico de Xosé Reigosa e do conxunto de actividades complementarias programadas. Desta maneira, vostede poderá ser parte activa neste proxecto de intervir, humanizar, socializar… o Sanatorio San Rafael de Castro, iniciativa que vai ter continuidade con outras propostas artísticas, que anunciaremos en pouco tempo e que procuran a apertura simbólica definitiva do espazo manicomio (encerro) ao espazo de creación (liberdade).


Fotos © José Reigosa, 2011


BIBLIOGRAFIA.

El joven que dio por muerta a su madre y la halló en el manicomio.La Voz de Lemos, domingo 15 de enero de 2011. Accesible aquí.

Pena, S. Retrato de la identidad encerrada. El Mundo, domingo 05/02/2012. Accesible aquí.



Reigosa, Xosé. Entre Marbella e Torremolinos. Imaxes de manicomio. Diputación de Lugo, 2013.








-----oOo-----
Descargo de responsabilidad: He utilizado las imágenes sin ánimo de lucro, con un objetivo de investigación y estudio, en el marco del principio de uso razonable - sin embargo, estoy dispuesto a retirarlas en caso de cualquier infracción de las leyes de copyright.Disclaimer: I have used the images in a non for profit, scholarly interest, under the fair use principle - however, I am willing to remove them if there is any infringement of copyright laws.

1 comentario:

Errata y errata dijo...

Qué magníficas fotos !!!
Aprendo muchísimo con vuestro blog y me deja siempre pensativa.